VOLUNTARI@S DE A CORUÑA CONVÍDANTE A PARTICIPAR NUNHA ACTIVIDADE LÚDICA E SOLIDARIA NO CENTRO CÍVICO DE MONELOS
O Grupo de Voluntariado de Axuda en Acción na Coruña realizará mañán sábado, de 18.00 a 20:00 horas unha actividade lúdica e solidaria no Centro Cívico de Monelos.
23 de maio.- O Grupo de Voluntariado de Axuda en Acción na Coruña realizará o vindeiro sábado 24 de maio unha actividade lúdica e solidaria no Centro Cívico de Monelos. Consistirá en teatro e bailes do mundo que está preparando o grupo de voluntariado da cidade herculina conxuntamente co alumnado e dúas profesoras do CEIP María Pita. Esta é unha das diferentes actividades que o grupo leva a cabo dentro da súa programación anual.
Nestes 25 últimos anos nos que Axuda en Acción está levando a cabo o seu traballo de mellorar as condicións de vida de miles de nenos e nenas e das súas familias a través de proxectos de desenvolvemento integral, o voluntariado ocupa unha parte fundamental da organización xa que leva a cabo tarefas de educación para o desenvolvemento en España, recadación, pero, sobre todo, sensibilización da sociedade sobre a realidade dos países en vías de desenvolvemento e aportan o seu esforzo persoal, a súa ilusión e parte do seu tempo libre para a realización destas actividades. O Grupo de voluntariado de Axuda en Acción na Coruña leva xa máis de 15 anos traballando pola loita por un mundo máis xusto e pola xustiza social.
Para máis información (entrevistas, reportaxes…):
Grupo de voluntariado de Coruña.
coruna@voluntariado.ayudaenaccion.org
Delegación Galicia de Axuda en Acción.
Rúa General Sanjurjo, 64, baixo
15006 A Coruña
Tlf: 981133737 // Fax: 981133736
informacion@galicia.ayudaenaccion.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario