lunes, 4 de febrero de 2008

Foro Social Mundial 2008


Foro Social Mundial 2008



O pasado día 26 de Xaneiro, con motivo da celebración do Día de Mobilización e Acción Global , celebrouse en Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia, o Foro Social e unha Feira de Ong onde Axuda en Acción puxo o seu posto de comercio xusto. Na actividade participamos Emi, Javier e Raquel; contando tamén coa presenza de Ana, coordinadora do grupo de Lugo que xunto con Javier foron os nosos oídos no Foro. Ana tamén nos fixo de enlace co grupo de Santiago que participaba, tamén cun posto de comercio xusto, na IX Feira de Ong organizada polo Concello. Como valoración da actividade podemos dicir que aínda que as ventas non foron moitas, porque se concentraron nos minutos previos e posteriores ao Foro, tivemos ocasión de compartir espazo con organizacións moi diversas coas que habitualmente non coincidimos o que resulta, cando menos, enriquecedor.