Foro Social Mundial 2008
O pasado día 26 de Xaneiro, con motivo da celebración do Día de Mobilización e Acción Global , celebrouse en Santiago de Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia, o Foro Social e unha Feira de Ong onde Axuda en Acción puxo o seu posto de comercio xusto. Na actividade participamos Emi, Javier e Raquel; contando tamén coa presenza de Ana, coordinadora do grupo de Lugo que xunto con Javier foron os nosos oídos no Foro.